Goberno de España Ir a Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (ábrese en ventá nova) Reestruturación da Minería, Reactivación das Comarcas

Sede Electrónica do Instituto para a Reestruturación da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras, O.A.

Está vostede na Sede Electrónica do Instituto para a Reestruturación da Minería do Carbón e o Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras (IRMC), creada por Resolución do 15 de marzo de 2010, en cumprimento da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos e do Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro, que a desenvolve parcialmente.

Ámbito e titularidade

A Sede Electrónica alberga a oficina virtual de atención ao cidadán, baseada no Rexistro electrónico do Instituto, permitíndolle interactuar telematicamente co IRMC para a presentación de escritos, solicitudes e comunicacións relativas aos procedementos administrativos tramitados polo seu titular, o IRMC.

Que se pode facer

Formular consultas, presentar documentos por Rexistro e realizar xestións por medios electrónicos. En función do trámite pode ser necesario dispoñer dun certificado dixital para a identificación do cidadán e para a sinatura electrónica. Os trámites que se realizan a través da Sede Electrónica teñen a mesma validez que se se efectúan de presencialmente. En cada trámite descríbese a finalidade e os pasos a seguir para a súa correcta realización.